miércoles, 27 de junio de 2018

TERCEIRO TRIMESTRE: REMATE DE CURSO E DE CICLO

Case sen darnos conta, xa rematou este curso. Non só iso, xa rematamos infantil..... en setembro iremos a primaria.
Neste trimestre tivemos celebracións, saídas, festas e actividades varias.
Empezaremos polo Día do Libro, Letras Galegas e os Maios. Na primeira delas, o alumnado de 5º e 6º apadriñáronnos e léronnos un conto no patio.
O Día das Letras, viñéronnos contar un conto de Mª Victoria Moreno á aula. E por último, fomos os primeiros en colocar as flores no maio deste ano.
Fomos aos Xardíns de Méndez Núñez "Un museo ao aire libre" onde descubrimos o monumento a Curros Enríquez e máis cousas da nosa cidade.
No pazo da Ópera asistimos a un concerto didáctico.
Plantamos cenouras que teremos que coidar na casa para que, despois, as poidamos comer.
Fixemos un graffiti sobre os paxaros. Falláronnos os sprays e quedou un pouco pocho.
Fomos a Marcelle de excursión de fin de curso e, todo moi ben menos a choiva.
Celebramos os cumples do verán.
Fixemos a festa de fin de curso con macedonia, sandwiches e ensalada que preparamos nós. O último día tivemos un concerto dun grupo moi especial: "Naranja imaginario" no que o noso compi Diego tocou con eles.
Ao longo de todo o curso, aprendemos a coidar un pouquiño o noso planeta e por iso nos deron un diploma de "Artistas Coidadores do Planeta". Como o fixemos? Pois empezamos por facer uns contedores para o plástico, o papel e os residuos orgánicos. Tiramos cada cousa no seu sitio e ao final da semana, levavamos ao contedor correspondiente e á composteira para facer o abono para as nosas plantacións que, como veredes, deron unhas patacas espectaculares.
Como broche, destacar aos dous compañeiros que foron premiados este ano: Bruno no concurso de cabazas do Samaín e Santiago pola participación na elaboración dun monumento da Coruña con plástico reciclado. Parabéns aos dous!!!
Tamén tivemos un diploma por participar no concurso de Relatos "Dame medo" e un conto para a aula.
Agora toca disfrutar do verán e recargar batería para empezar con moita enerxía o vindeiro curso.
Foi un pracer traballar cos vosos fillos/as, unha aperta.
Bo Verán!!!!!

lunes, 2 de abril de 2018

DESPEDINDO O 2º TRIMESTRE

Para rematar este segundo trimestre, fixemos unha visita ao Acuario na que experimentamos moitas cousas, non so co sentido da vista, senón tamén co do tacto, olfato e oído.
Vimos os distintos peixes que podemos atopar no noso mar e noutros mares máis lonxanos, puidemos tocar os ovos das quenllas e a súa pel, tamén as estrelas de mar, ver as crías dentro dos ovos (foi espectacular), como alimentan aos peixes da sala Nautilus (Gastón non tiña fame), como alimentan e controlan as focas para ver se están ben.... Foi unha experiencia xenial!!!
O que non nos gustou tanto foi descubrir a cantidade de lixo que os humáns tiramos ao mar, vimos auténticas obras de arte feitas co lixo que foi rescatado do mar.

Plantamos o bulbo que nos deran no Ágora e tamén fixemos uns semilleiros para, despois, completar a nosa horta con leitugas, cenorias, porros e coles de bruselas. A ver se nacen ben.

E por último, celebramos os aniversarios de catro compañeiros; Elvis, Víctor, Bruno e Ousseynou. Parabéns para eles!! Prepararon o seu biscoito e fixeron limonada.

E recibimos as xornadas de vacacións levando os nosos traballos á casa e un coelliño de Pascua.
Felices Pascuas a todos!!!

sábado, 3 de marzo de 2018

2º TRIMESTRE

No que levamos do segundo trimestre, celebramos o día da Paz o 30 de xaneiro, o entroido disfrazándonos de choqueiros (típico do entroido coruñés), fomos ao Ágora buscar información para saber como temos que plantar un bulbo, fixemos a segunda plantación na nosa horta(patacas, amorodos, pirixel e acelgas) usando abono de coello que nos fixo tapar o nariz do mal que ulía, celebramos o aniversario de Rosalía de Castro e fomos ao Muncyt onde construimos o noso propio helicóptero de papel, vimos as partes dun avión a tamaño real, atopamos a peza máis pequena do museo, vimos como é o faro que alumea na Torre de Hércules e coñecemos a PepeXan e Marilú (dous robots moi simpáticos).


domingo, 31 de diciembre de 2017

CURSO 2017-2018: 1º TRIMESTRE


Por fin, fun quen de solventar un pequeno problema que me impedía que poiderades ver as fotos no blog!!
De seguido van todas as que se corresponden coas actividades do primeiro trimestre.
Como podedes ver, tivemos unha exposición moi interesante sobre obras de arte africana, fixemos mazás asadas (froito típico do outono), fixemos unha primeira plantación de outono con acelgas e pirixel, tivemos a visita das tartarugas Cactus e Burbulla antes de que empecen a súa hivernación, celebramos aniversarios, a festa do outono co seu mural, xogos e degustación de castañas, o Samaín, no nadal visitáronnos as Súas Maxestades de Oriente e máis o Apalpador. Tamén fomos coñecer o acibro, árbore moi usada nos adornos de nadal.
Pido disculpas pola tardanza e desexo que as disfrutedes.

MADRE ÁFRICA from Pilar Payo Soengas on Vimeo.
MADRE ÁFRICA 2 from Pilar Payo Soengas on Vimeo.
TARTARUGAS 1 from Pilar Payo Soengas on Vimeo.

martes, 25 de julio de 2017

FOTOS + VÍDEOS ACTIVIDADES FIN DE CURSO XUÑO 2017

Aquí están as fotos e os vídeos das actividades dos derradeiros días do curso 2016-17.
Teatro representado polos alumnos de 5º "Que me pasa doutor?" guión escrito polo seu titor e que se pode ver na web do cole, está xenial!!
 Merenda e baile do último día.
 Que pasedes bo verán e ata setembro!!

MERENDA1 from Pilar Payo Soengas on Vimeo.

MERENDA2 from Pilar Payo Soengas on Vimeo.

BAILE from Pilar Payo Soengas on Vimeo.

martes, 20 de junio de 2017

FESTIVAL FIN DE CURSO 2017

Para o festival de fin de curso, preparamos un baile dunha canción infantil senegalesa "Fatou You", xa que de alí son os Bassari, a nosa tribo africana deste ano.
Fatou era unha nena moi fermosa, que medraba coma os demais nenos, xirafas e elefantes e quería ser feliz.


ENSAIO-FATOU YOU from Pilar Payo Soengas on Vimeo.

Tamén bailamos co resto de infantil a canción que tanto nos gustou este ano: "Jambo Bwana".

JAMBO BWANA from Pilar Payo Soengas on Vimeo.

ANIVERSARIOS VERÁN 2017

Aínda que quedaron cousas atrás para poñer no noso blog, sei que hai mamás e papás agardando por estas fotos así que aí van.
É o aniversario de tod@s @s compañeir@s que cumpren anos no mes de xuño ou nos meses de vacacións: Jeremiah, Antón, Daniela, Santiago, Román, Narciso e Sophia.
Coma sempre, prepararon a súa tarta e tiveron os seus agasallos.
De seguido poñerei os outros aconteceres que quedaron a un lado.


BISCOITO from Pilar Payo Soengas on Vimeo.

MASA AO MOLDE from Pilar Payo Soengas on Vimeo.

MASA BISCOITO from Pilar Payo Soengas on Vimeo.

CUMPLE XUÑO from Pilar Payo Soengas on Vimeo.